CRTVG

Buscar

O acusado da violación dunha septuaxenaria en Bueu afronta 21 anos de prisión

Publicado o 04/11/2019 13:12

O acusado da violación dunha septuaxenaria en Bueu afronta 21 anos de prisión. A fiscalía pide para el 15 anos de cárcere por agresión sexual, outros catro por un delito de roubo con violencia e dous polas lesións causadas á vítima.

José Luís García Martín, de 41 anos, supostamente violou a muller na súa casa da Portela, en Bueu, en marzo de 2017.

O home fora detido meses máis tarde. Presuntamente accedeu á vivenda da vítima tras escachar os cristais da porta traseira, entrou no cuarto, onde durmía a septuaxenaria, atouna e agrediuna sexualmente. O acusado leva en prisión dende o día do seu arresto.

Noticias web

04/11/2019