CRTVG

Buscar

O 70 % dos consumidores consulta as etiquetas dos alimentos

Publicado o 08/01/2020 15:00

Os consumidores queren saber o que comen. Segundo un estudo do Ministerio de Agricultura, sete de cada dez consultan as etiquetas dos alimentos sempre ou case sempre. Pero, ollo, porque algúns datos non son fáciles de atopar a primeira vista.

Graxas, azucres, alérxenos, caducidade, conservación, orixe... algúns consumidores len máis no supermercado ca na casa. Segundo a última enquisa do Ministerio de Agricultura, o 70% consulta as etiquetas, buscando, sobre todo, os ingredientes e a data de caducidade.

Miguel López, Unión de Consumidores de Galicia: "Nagunhas ofertas ou reclamos moi interesantes para produtos alimentarios a chave está en que está a piques de expirar a data de caducidade ou de consumo preferente".

Así e todo, atopar certa información pode resultar todo un desafío. Cómpre ter tempo, paciencia e lentes para ler a letra pequena dalgúns envases.

Miguel López, unión de Consumidores de Galicia: "Sobre todo a información do contido en graxas, azucres ou sal. Aparece nalgún lugar, pero non e fácil de atopar se non despregamos os produto, se non o miramos fixamente ou non detectamos que está nunha tinta dunha cor de máis difícil lectura".

Nos alimentos frescos, a orixe é o dato que máis interesa ao consumidor, que prefire produtos locais de tempada. Se somos o que comemos, bo é saber o que metemos na cesta da compra.

Noticias web

08/01/2020