CRTVG

Buscar

O 7% dos vehículos fabricados polo grupo PSA no 2020 serán eléctricos ou híbridos

Publicado o 25/09/2019 15:15

Trescentos millóns de euros. Esa e a multa que tería que pagar PSA por cada gramo de CO2 que exceda o límite de emisións marcado por Europa a partir de 2020.

Para evitar sancións millonarias, e tamén por compromiso co medio ambiente, desde o grupo levan tempo adaptando os seus procesos de fabricación e agora afirman estar preparados para o cambio. Fontes da empresa aseguran que para o ano que vén o 7 % dos coches fabricados nas súas plantas serán eléctricos ou híbridos enchufables.

Agora, o reto, segundo din, é aumentar as vendas deste tipo de coches, arestora máis caros que os convencionais. Un obxectivo para o que piden a colaboración das institucións, na creación da infraestrutura necesaria e de programas de incentivos de compra. Unha estratexia que reste incerteza a un dos sectores máis estratéxicos da nosa economía. Cunha facturación de máis de 8.600 millóns, a automoción equivale ao 13,5% do PIB galego. Amais, emprega directamente 22.300 persoas, o 13% do traballo industrial do país, e representa o 25% do total de exportacións de Galicia.



 

Noticias web

25/09/2019