CRTVG

Buscar

O 65% das persoas con párkinson viu empeorar os seus síntomas debido ao confinamento

Publicado o 10/09/2020 16:57

Permanecer durante meses na casa, sen apenas facer exercicio, e sen case manter relacións sociais. O confinamento repercutiu, e moito, nas persoas con párkinson.

O de Ángel Castañeda, afectado por párkinson, non é un caso illado. De feito, dúas de cada tres persoas con párkinson empeoraron a súa saúde debido ao confinamento.

É o resultado dunha investigación do servizo de Neuroloxía do CHUAC, en colaboración coa fundación Curemos o Párkinson e a Asociación Párkinson Galicia Coruña.

O estudo tamén revela que só o 2,6% dos enquisados se contaxiaron co coronavirus. Algo que os investigadores achacan á prudencia e á responsabilidade deste tipo de pacientes.

En España detéctanse cada ano uns 10.000 casos de párkinson. Unha enfermidade crónica e neurodexenerativa, que, segundo se calcula, padecen entre 120 e 150.000 persoas en todo o país.

Noticias web

10/09/2020