CRTVG

Buscar

O 49% dos cataláns, contra a independencia

Publicado o 15/11/2019 18:31

Aumenta a porcentaxe de cataláns que se opón á independencia.  Segundo o Centro de Estudos de Opinión da Generalitat, case un 49% dos enquisados non quere que a comunidade se constitúa como estado independente. Os partidarios do si son algo menos do 42%, a porcentaxe máis baixa desde xuño de 2017. A enquisa fíxose a mediados de setembro, é dicir, antes da sentenza contra os dirixentes do procés e as mobilizacións posteriores.
 

Noticias web

15/11/2019