CRTVG

Buscar

O 37,2% dos contratos duraron menos dun mes

Publicado o 22/04/2019 21:30
O 37,2% dos contratos duraron menos dun mes

Un de cada tres contratos asinados no primeiro trimestre do ano duraron menos dun mes. Segundo cifras do Servizo Público de Emprego, entre xaneiro e marzo asináronse algo máis de cinco millóns de contratos. Deles, case dous millóns eran por menos dun mes, e o 26% non pasaban dos sete días.

A cifra mantense ao mesmo nivel de 2018, a pesar de que desde este ano, os empresarios deben pagar un recargo polos contratos de curta duración.

Noticias web

22/04/2019