CRTVG

Buscar

Nun mes podería estar lista a peritaxe da estrutura afundida no Marisquiño

Publicado o 11/04/2019 18:25

Dentro dun mes podería xa haber clarificadores resultados da peritaxe da estrutura afundida en Vigo o pasado agosto no certame do Marisquiño.

Nas últimas xornadas, a Autoridade Portuaria de Vigo está a desmontar tanto a estrutura de madeira que colapsou como a parte que está intacta. O obxectivo é que os peritos poidan analizar as causas do derrubamento.

A comparación entre a zona que cedeu e a que non será clave para dilucidar as causas do sinistro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/04/2019