CRTVG

Buscar

Numerosos controis á entrada e á saída da zona perimetral de Verín, Oímbra e Vilardevós

Publicado o 22/10/2020 15:05

Ao longo de toda esta mañá houbo numerosos controis das forzas de seguridade á entrada e á saída da zona perimentral marcada polos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós.

Só está permitida a mobilidade fóra destes concellos por causas xustificadas: motivos médicos, laborais ou educativos.

O número de contaxios non descende. Neste sentido, as autoridades sanitarias fan un chamamento á responsabilidade individual.

O confinamento perimetral de Verín, Oímbra e Vilardevós únese ao da zona do Carballiño e á de Ourense e Barbadás, polo que a metade da poboación da provincia pasará a ter restricións de mobilidade.

Noticias web

22/10/2020