Novo descenso dos casos activos de covid-19 na área sanitaria de Ourense
Publicado o 25/10/2020 13:00
Ourense ofrece unha evolución máis positiva. Con todo, o aumento no número de casos dos últimos días segue a ser un mal dato.
Hoxe son 94 os contaxios na área sanitaria, once máis ca onte, e 30 más ca o venres. Malia isto, o número de doentes infectados no conxunto da área sanitaria segue á baixa, rolda os 1.300, unha vintena menos ca onte.
Á lista de concellos da área que permanecían en nivel de alerta vermella, que eran onte Ourense, Barbadás, O Carballiño, Verín e Xinzo, volve este domingo O Barco de Valdeorras.
Máis sobre Ourense
23/01/2021 15:08
22/01/2021 20:46
22/01/2021 20:24