CRTVG

Buscar

Novo ataque de candorcas a dúas millas e media da Torre de Hércules

Publicado o 20/09/2020 15:04

Un veleiro con tres tripulantes a bordo que navegaban de madrugada a dúas millas e media da Torre de Hércules emitiu unha alerta por un novo ataque de candorcas. O barco está agora amarrado nas instalacións do Real Club Náútico da Coruña ata onde a guiou unha das embarcacións de Salvamento Marítimo. O incidente non deixou feridos e, segundo unha primeira avaliación dos danos, semella que os estragos non son importantes.
 

Noticias web

20/09/2020