CRTVG

Buscar

Novo asalto a unha tenda de telefonía móbil en Lugo

Publicado o 03/02/2020 13:58

A colaboración veciñal foi clave para evitar un novo asalto a unha tenda de telefonía en Lugo. Foi unha veciña a que alertou o dono do local de que uns individuos tentaban forzar a reixa do establecemento. Este deu aviso á Policía Nacional, que conseguiu localizar no interior da tenda dous ladróns que xa tiñan nunha bolsa máis de 80 dispositivos electrónicos.

Os dous homes, de 35 e 45 anos, foron detidos por un delito de roubo con forza. Ambos eran xa coñecidos polos axentes e suman unhas oitenta detencións.

Noticias web

03/02/2020