CRTVG

Buscar

Novo aparcadoiro gratuíto durante 15 minutos no aeroporto da Lavacolla

Publicado o 14/06/2019 16:54

Levar ou recoller unha persoa no aeoroporto da Lavacolla, en Santiago, será a partir de agora algo máis doado. Acaba de habilitarse un novo aparcadoiro rápido que será gratuíto durante 15 minutos. Os usuarios que superen ese tempo estacionados terán que pagar 91 céntimos polo primeiro minuto.

Deixar o coche aparcado 20 minutos custará 1,39 euros. Son os mesmos prezos que AENA aplica xa no aeroporto vigués de Peinador, que hai unha semana se convertía no primeiro de Galicia en contar cun estacionamento deste tipo.

O obxectivo é facilitar unha alternativa de aparcadoiro ás persoas que acoden á terminal para levar ou recoller viaxeiros.



 

Noticias web

14/06/2019