CRTVG

Buscar

Noventa mortos nas estradas galegas en 2019, o segundo mellor dato da serie histórica

Publicado o 08/01/2020 14:52

Galicia tivo en 2019 o segundo mellor dato da serie histórica canto ao número de vítimas mortais nas estradas, con 90 falecidos, só por detrás dos 76 de 2017. Descendeu respecto do ano anterior, cando houbo 104 mortos, e está moi lonxe dos 380 de 2000.

Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia: "En 20 anos conseguimos entre todos reducir un 76% o número de falecidos en accidentes de tráfico".

Por provincias, o peor dato foi o da Coruña, con 41 persoas falecidas, seguida de Pontevedra, con 24; de Lugo, con 17, e de Ourense, con oito. No balance de 2019 tamén se analizaron as causas máis frecuentes dos sinistros.

Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia: "A distracción ao volante sitúase á cabeza, co 25% dos accidentes, séguea a velocidade inadecuada, que está detrás da distracción ao volante, o móbil".

Faleceron 79 persoas en vías convencionais, 6 en autoestradas e 5 en autovías e catro de cada dez mortos foron peóns, ciclistas ou motoristas, os colectivos vulnerables.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020