CRTVG

Buscar

Nove de cada dez autónomos retomaron a actividade, di ATA

Publicado o 08/06/2020 15:05

Galicia é unha das comunidades, xunto co País Vasco e Murcia, onde máis autónomos recuperaron a súa actividade tras a crise sanitaria. Os datos de ATA recollen que nove de cada dez volveron xa ao seu negocio tras 90 días practicamente pechados. Os que aínda non retomaron a súa actividade son principalmente comerciantes, hostaleiros e actividades artísticas.

Os autónomos cifran nun 60% a caída da actividade respecto ao pasado ano. Esixen que o Goberno prolongue as medidas de axuda. 

"Aínda que se activaron moitos autónomos, a actividade segue sendo moi baixa, moi escasa. Hai que prolongar os ERTE de forma automática para evitar desedimentos e peches de empresas. É fundamental que ante este datos o Goberno prorrogue máis alá do verán as axudas por cesamento de actvidade e os ERTE".
 
 

Noticias web

08/06/2020