CRTVG

Buscar

Nove adegas do Ribeiro xa comezaron os traballos da vendima

Publicado o 29/08/2020 21:09
Nove adegas do Ribeiro xa comezaron os traballos da vendima

Esta adega familiar da Arnoia está a recoller a variedade treixadura, a base principal do seu viño.

As condicións meteorolóxicas fixeron que se adiantaran uns traballos nos que este ano, xunto coa tesoira é imprescindible a máscara e gardar as distancias.

Unha colleita complicada este ano no Ribeiro, ademais de pola covid-19 pola proliferación de fungos.

Unha colleita algo inferior á do ano pasado na que se recolleron 12 millóns de quilos pero haberá que agardar o avance da vendima para concretar as cifrar. Os traballos de recollida non se estenderán por toda a denominación ata dentro dunha semana.

Noticias web

29/08/2020