CRTVG

Buscar

Novas fórmulas de ocio en tempos de pandemia

Publicado o 03/11/2020 21:33

Moita expectación hai pola PS5, que chegará ás tendas proximamente. Máis nestes tempos de confinamento ou restricións. Os videoxogos son unha alternativa das máis demandadas para ocupar ese tempo que, actualmente, convén gozalo dentro das casas.

En familia recupéranse tamén os clásicos. Unha nova versión do Monopoly ou dos imprescindibles xogos de mesa tradicionais. Nótase especialmente entre os mozos de ata 30 anos a busca de novas opcións.

A lectura non falla nunca, os libros, cóntannos, están sendo os compañeiros perfectos deste tempo de ocio semiconfinado, na casa; onde precisamente nos recibe Araceli Losada, instrutora de actividades dirixidas, no mesmo lugar onde imparte clases en liña. Comezou no confinamento da primavera e durante este tempo adaptouse á demanda da xente e ás restricións. Pilates, zumba ou hipopresivos en liña, unha modalidade á que se apuntaron xa 50 persoas.

Custa acostumarse a vivir sen música en directo, para encher ese baleiro toca tamén adaptarnos. 'A ponte dos concertos' en Santiago convértese en salas de concertos virtuais para un público que, en todolos casos, busca fórmulas alternativas á normalidade que non dá chegado.




 

Noticias web

03/11/2020