CRTVG

Buscar

Novas axudas da Xunta no recibo da luz para os consumidores en risco severo de exclusión social

Publicado o 27/01/2020 13:45

Novas axudas da Xunta no recibo da luz para os consumidores en risco severo de exclusión social. O director xeral de Enerxía anunciou hoxe a convocatoria de solicitudes da subministración eléctrica esencial, destinado ás familias con menos recursos.

A Xunta pagará ata o 50 por cento do seu recibo, o que lles permitirá, sumado ao 40 do bono social do estado e o 10 por cento restante que asumen as compañías eléctricas, dispoñer de electricidade sen custo ningún.

 

Noticias web

27/01/2020