CRTVG

Buscar

Novas ameazas dos furtivos aos vixilantes da confraría de Cabo de Cruz

Publicado o 31/12/2020 13:47

Ese volume de negocio no marisco que se dá nestas datas multiplica a presenza dos furtivos nas nosas rías. Na de Arousa, os vixilantes das confrarías non dan feito.

Nin os peches perimetrais nin a menor actividade na hostalaría botan atrás os furtivos, que cada vez actúan con máis agresividade. Un deles, onte mesmo, ameazaba con queimarlle a casa a un dos vixilantes de Cabo de Cruz, en Boiro, que o colleu na allada.

Ese mesmo furtivo foi sorprendido de novo esta mañá con marisco capturado ilegalmente.

Noticias web

31/12/2020

Máis sobre Boiro