CRTVG

Buscar

Nova York investiga 100 casos de menores cunha inflamación posiblemente relacionada coa COVID-19

Publicado o 13/05/2020 08:58

O estado de Nova York investiga cen casos de menores de idade cunha enfermidade inflamatoria posiblemente relacionada coa COVID-19.

Tres dos menores morreron, segundo anunciou o gobernador do estado Andrew Cuomo na súa comparecencia diaria sobre o avance da pandemia.

Cuomo dixo que os síntomas son semellantes aos da enfermidade da síndrome do shok tóxico, como febre, sarabullos e dor abdominal.

O gobernador neoiorquino ordenou aos hospitais priorizar os tests para os menores afectados.

Noticias web

13/05/2020