CRTVG

Buscar

Nova xornada de calor, con máis de 30 graos no Ribeiro e Ourense

Publicado o 20/05/2020 14:25

A xornada agárdase de novo moi calorosa, por riba dos 30 graos. No Ribeiro, no val da Arnoia e en Leiro achegáronse xa onte aos 33, temperaturas que se sitúan entre as máximas de toda a península.

Na Arnoia xa están afeitos á calor, e tamén a bater marcas.

Nas horas máis frescas a xente aproveita para traballar nas viñas e nas hortas. Os agricultores danlle a benvida ao bo tempo, despois de tanta chuvia. Din que o sol e a calor son necesarios para previr enfermidades como o mildio e para que as plantas medren.

Calor no Ribeiro e tamén na cidade de Ourense, son os puntos máis quentes de toda Galicia. Na cidade, á media mañá o termómetro xa marcaba os 25 graos. Catro xornadas seguidas por riba dos 30 graos e mañá segue o tempo solleiro, pero xa comezan a suviazarse un chisco as temperaturas.

Noticias web

20/05/2020