CRTVG

Buscar

Nova reunión sobre Alcoa en Madrid e asemblea dos traballadores esta tarde

Publicado o 11/08/2020 13:46

Hai novidades no conflito laboral de Alcoa. Celébrase en Madrid unha reunión entre a multinacional, o Goberno central, a Xunta e os sindicatos. Os traballadores están moi pendentes desta xuntanza e esta mesma tarde estudarán un novo calendario de mobilizacións.

Debaterán se inician unha folga indefinida despois de que a empresa dera por roto o diálogo e rematara sen acordo o proceso de consultas do ERE que afecta máis de 500 traballadores. Piden que se amplíe o período de negociacións e se abra o proceso de venda ao investidor interesado, o grupo británico Liberty House.

Noticias web

11/08/2020