CRTVG

Buscar

Notable baixada de temperaturas en Galicia, mesmo para esta época do ano

Publicado o 25/09/2020 20:51

Di MeteoGalicia que este venres está a ser un día frío para a época do ano en que nos atopamos. Os rexistros son os máis baixos da semana, con 8º en Lugo e 14º na Coruña.

Son días de tempo cambiante. No mar o temporal obrigou a activar o aviso amarelo pola forte ondada. Aínda así hai quen se resiste a deixar a praia tan pronto sae unha raiola para aos poucos coller o chuvasqueiro ou o paraugas. Así as cousas a remuda nos armarios está por facer.

Outros din estar agardando a semana que vén a que pase o verán de san Miguel

Noticias web

25/09/2020