CRTVG

Buscar

Nos colexios onde se vota vanse extremar as medidas de seguridade neste proceso electoral

Publicado o 11/07/2020 21:24

Medidas de seguridade que se van extremar neste proceso electoral. Para conseguilo repartíronse máis de dous millóns de máscaras e 40.000 botes de xel hidroalcólico entre todos os colexios electorais. Preténdese así que todos os electores poidan exercer o seu dereito ao voto sen riscos.

Caixas coma esta chea de máscaras foron repartidas por todos os colexios electorais de Galicia. A Xunta distribuíu máis de dous millóns. Vai ser obrigatoria para entrar no colexio. Se algúen non a leva, facilitaráselle de balde.

O xel hidroalcólico estará tamén dispoñible e será de uso obrigatorio antes de entrar no colexio.

Isto no que ten que ver cos electores. Pola súa banda, os membros das mesas terán medidas extra de protección: máscaras que poderán cambiar varias veces ao día, pantallas, luvas e xeles. Non terán que tocar o DNI do votante, que desta volta se vai depositar en bandexas especiais.

A limpeza refórzase fronte á covid-19 antes, durante e ao remate da xornada electoral.

Cando cheguemos ao colexio debemos seguir os sinais que van marcar as entradas e saídas. Deste xeito os fluxos de votantes estarán controlados e o contacto redúcese ao mínimo. As embarazadas, os maiores de 65 e as persoas de risco terán prefrencia para exercer o seu dereito a voto.

Noticias web

11/07/2020