CRTVG

Buscar

Nos campamentos náuticos prepáranse para recibir a cativada tras o confinamento

Publicado o 09/06/2020 14:42

Despois de semanas de confinamento e saídas con limitacións, os cativos precisan socializar de novo. E os pais, conciliar. Os campamentos de verán sempre foron unha opción e preténdese que volvan selo este ano.

Unha das ofertas para a cativada son os campamentos náuticos, sacando rendemento ao noso fermoso litoral.

Uns pais que queren conciliar e que os fillos gocen, pero sempre preocupados pola seguridade. Inés Vázquez, directora do campamento multiaventura Galicia, conta que recibiron moitas chamadas de pais preguntando cales eran as medidas que se ían adoptar, cantos nenos ían estar por cuarto, como ían ser as actividades e que modificacións se adoptaron.

Unhas medidas de seguridade que pasan por control de temperatura, xel hidroálcolico, limpeza de material e diminución da ratio monitor alumnos.

Inés Vázquez conta que os padels que eran para duas persoas só os empregará unha e que nos máis grandes irá a metade da capacidade.

Estes días tráballase intensamente para preparar as instalacións para recibir os nenos.

Noticias web

09/06/2020