CRTVG

Buscar

Normalízase o tráfico aéreo nos aeroportos galegos tras o paso de Fabien

Publicado o 23/12/2019 14:29

A situación hoxe nos aeroportos galegos pouco se parece á que se viviu na fin de semana. Esta mañá a tranquilidade era a tónica nas terminais e todos os voos programados operaban con normalidade. Nalgún deles embarcaban pasaxeiros que non puideron viaxar o sábado. Como unha  familia que tiña previsto voar a Basilea e tivo que atrasar ata hoxe os seus plans ao serlles cancelado o seu voo, ou outra usuaria que viaxaba hoxe ás Palmas logo de que a súa familia tivera que agardar un día respecto do que tiñan planificado.

Entre atrasos, desvíos e cancelacións, poderían ser máis de 5.000 as persoas afectadas durante esta fin de semana polos efectos do temporal nos aeroportos galegos. Foron 27 os voos que se tiveron que desviar, máis da metade deles na Lavacolla, nunhas datas en que os avións adoitan ir cheos. Tras o paso de Fabien, a situación normalizouse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019