CRTVG

Buscar

Non hai que lamentar vítimas no incendio de dúas casas en Petín

Publicado o 01/12/2020 07:59
Non hai que lamentar vítimas no incendio de dúas casas en Petín

Arden dúas casas habitadas no centro de Petín. Os bombeiros do consorcio comarcal de Valdeorras están alí. O incendio declarouse contra as cinco da madrugada nun dos inmobles, que está en reformas.

A muller que vive alí deixouno estes días polas obras. As lapas pasaron deseguido á vivenda que está ao carón. O seu inquilino foi quen se decatou e avisou os servizos de emerxencia. O home non sufriu danos.