CRTVG

Buscar

Non hai evidencias científicas de que os alimentos transmitan a Covid

Publicado o 16/07/2020 16:42

O último susto chegaba desde China. Un salmón importado de Europa estaba no centro dun brote de coronavirus.

Soubemos de contado que o problema non estaba no peixe, senón na táboa na que se cortara. Producírse o que se chama unha contaminación cruzada. Por bacterias ou micoorganismos que permanecen nos obxectos cos traballamos.

No laboratorio de viroloxía en alimentos da Universidade de Santiago insisten en que non hai evidencias ceintíficas de que os alimentos poidan trasmitir o virus da Covid. Pero si hai recomendacións.

Tamén nos alertan contra os bulos e as confusión. Non hai alimentos perigosos, nin tampouco é certo que o regaliz, o xenxibre ou allo nos vaian axudar. Non hai alimentos que nos protexan.

Nada de experimentos. Lembrar iso si cousas coma que os produtos crús sempre teñen máis risco.

Ademais, recórdannos aquí que extrememos as medidas de hixiene persoais e dos utensilios da cociña. Ah, e moito sentido común.

Noticias web

16/07/2020