CRTVG

Buscar

Nolito: "Nunca sufrín tanto como a temporada pasada, temos que facer autocrítica"

Publicado o 03/09/2020 21:17

Con 34 anos a Nolito non lle falta entusiasmo ante unha nova temporada. Pero ten moi presente como acabou a anterior. Chegou tralo confinamento para axudar á permanencia e sufriu como nunca antes. Nolito: "Sufrín moito, máis que nunca na miña vida deportiva. Nas dúas últimas semanas temín o peor.  Temos que facer autocrítica cada un de nós."
Á nova temporada pídelle máis alegrias e goles: "No plano individual gustaríame xogar moitos partidos e marcar máis goles"
Os afeccionados aínda non saben se van poder disfrutar ou sufrir, no estadio. Os xogadores, o que diga Tebas: "Bonito sería xogar con público pero hai que xogar como digan os xefes, Tebas, que é quen manda"
Uns mandan fóra e outros teñen que mandar dentro do campo.
 

Noticias web

03/09/2020