CRTVG

Buscar

Nolaskoain: "Basta xa de palabras, hai que gañar un partido"

Publicado o 20/11/2019 21:15

O Dépor adestrouse esta tarde no estadio de Riazor, que será o escenario do partido do sábado ante o Alcorcón. Luis César planificou o adestramento pola tarde para poder contar cos defensas Lambropoulos e Montero, recentemente chegados dos compromisos internacionais.

Despois do adestramento falou Peru Nolaskoain e deixou unha mensaxe contundente: "Estamos últimos agora mesmo, pechacancelas, con 10 puntos e tampouco podemos estar a dar explicacións, cada sábado vemos o que está pasando. Eu creo que con palabras xa basta de falar, de dicirmos o que pensamos e é hora de actuar e deixalo todo no verde para gañarmos un partido".

Luis César seguiu facendo probas sobre o céspede con vistas á revolución anunciada ante o Alcorcón. Nolaskoain ten ben claro onde falla o equipo.

"O principal problema son os 29 goles que recibimos. Non pode ser que un equipo que quere estar arriba reciba 29 goles en 14 ou 15 xornadas. Eu creo que hai que cortar iso xa, e estamos traballando niso, en facermos máis sólida esa defensa de todo o equipo", considera o vasco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019