CRTVG

Buscar

No pequeno comercio alertan de que abrir con cita previa non ten sentido para todos

Publicado o 30/04/2020 15:12

Pequenos establecementos coma este poderán reabrir a partir do día 4, pero só para atender clientes que, un por un, e de maneira anticipada, solicitaran a cita. E por iso hoxe xa están a preparalo todo.

"Todos temos que facer un esforzo, así que será só con cita previa e o que faremos é espaciar as citas, para que a xente non se acumule na tenda...".

Outros, en cambio, pensan que a cita previa non sempre ten sentido

"É inviable esperar a que nos chamen por teléfono para poder atender unha clienta para que vexa o produto que hai na tenda e se lle gusta, ben, e se non pechamos a tenda... non ten sentido".

No que si insisten é en que, cando reabran, eles cumprirán con todos os requisitos de seguridade.

"Vai poder tocar a roupa, probala e devolvela coas mesmas condicións de seguridade ca antes".

Pero para iso antes piden unhas directrices claras que lles permitan readaptar os seus negocios a esta nova realidade.

Noticias web

30/04/2020