CRTVG

Buscar

No mes de xullo vendéronse 4.058 turismos en Galicia, un 16,3% máis ca en xullo de 2019

Publicado o 03/08/2020 21:09

O sector do automóbil comeza a recuperar a actividade económica tras a súa repertura comercial despois do confinamento. Por primeira vez, soben as matriculacións e no mes de xullo vendéronse 4.058 coches, en Galicia un 16,3% máis que en xullo de 2019.

Unha repunta nas vendas que, segundo as asociacións de fabricantes, concesionarios e vendedores obecede a varios factores. Os plans renove e axudas estatais e da Xunta, pero tamén un parque móbil moi antigo que precisa renovación.

No conxunto do estado, a suba do mes de xullo foi dun 1,1% e venderónse 117.929 vecículos, sobre todo, turismos. Con todo, no que vai de ano o descenso con respecto ao ano pasado é do 43,3%, un 35,3% menos de vendas en Galicia.

Outro dato positivo é que os concesionarios de España puideron recuperar practimante a totalidades dos 150.000 traballadores que estaban en ERTE.

Noticias web

03/08/2020