CRTVG

Buscar

No Incio o pobo saíu á rúa para apoiar aos usuarios e traballadores da residencia de maiores

Publicado o 19/09/2020 17:38

No Incio o pobo saíu á rúa para apoiar aos usuarios e traballadores da residencia de maiores, onde se rexistraron 21 falecementos desde que a covid entrou na instalación, a mediados de agosto.

Con pancartas de alento, quixeron transmitir o seu ánimo a tódolos afectados. Arestora hai 58 casos activos entre os residentes e 35 entre os traballadores.

O acto de apoio consistiu nunha concentración no exterior do edificio. A escritora Marica Campo dedicoulles estas verbas antes de ler o comunicado de apoio.

Na concentración tomaron parte numerosos veciños, que deste xeito transmitiron o seu ánimo aos afectados que están na residencia. Desde o interior, tamén lles responderon a través dos cristais.

Son pequenos xestos que teñen máis valía nunha poboación coma esta, con pouco máis de mil cincocentos veciños, que se sentiron moi afectados polo foco detectado no lugar.

 

Noticias web

19/09/2020