CRTVG

Buscar

Nigrán súmase a Cangas e entra en nivel de alerta vermella

Publicado o 19/10/2020 14:44

Nivel máximo de alerta en Nigrán, con máis de 21 novos casos de coronavirus nos últimos 7 días.

Juan González, alcalde de Nigrán di que "é un problema porque se a xente non ten coidado... e temos que telo, entre todos temos que adaptarnos ás medidas que adoptaron a Xunta e o Estado, para non seguir expandindo o virus".

Nigrán súmase así a Cangas, que tamén se atopa no nivel máximo de alerta polo aumento dos contaxios tras rexistrarse un gromo supostamente relacionado co equipo de balonmán.

A área sanitaria de Vigo é a que sumou máis contaxios na última xornada. En 24 horas rexistráronse 98 novos infectados e hai xa preto de 800 casos activos.

Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo di que "estamos nun momento complexo, é certo que levamos unha semana de incremento de casos positivos e mañá tomaranse decisións sobre quemedidas tomar ao respecto", e engade que a maioría dos gromos están orixinados no eido familiar.

Mantense tamén a alerta laranxa en Vigo, O Porriño, Gondomar e Salvaterra.

Noticias web

19/10/2020