CRTVG

Buscar

Néstor Rego di que o BNG será reivindicativo co Goberno do PSOE polo AVE

Publicado o 25/01/2020 13:50

O deputado do BNG, Néstor Rego conversou esta mañá coa veciñanza de Santiago e repartiu folletos explicativos cos principais puntos do acordo de investidura comprometidos co novo goberno de Madrid. Un acordo que atinxe a moitos dos problemas económicos e sociais.

Colocar Galiza no mapa, no debate dos dereitos e a capacidade de decidir sobre os asuntos. Constatan a magnífica valoración social do acordo. Ver resultados dos compromisos adquiridos co Goberno central.

Compromisos urxentes: convenio de transición xusta para as Pontes, estatuto da industria electrointensiva, solución á situación dos emigrantes retornados coa facenda, modificación da lei de violencia de xénero... bonificación da AP-9.

O próximo paso é a negociación dos orzamentos e que estes deben reflectir as partidas necesarias para a execución deste acordo e ás necesidades da cidadanía galega. En materia de infraestruturas...

"Parécenos terriblemente hipócrita a posición agora hiperreivindicativa de Feijoo con isto porque a responsabilidade está no seu propio partido e nese momento el non só non reivindicaba nada senón que xustificaba a actuación do Goberno central. Como nós non debemos ningún tipo de submisión a ningunha dirección de Madrid imos ser absolutamente igual de reinvindicativos co goberno do Partido Socialista para que axilice as obras e as termine."

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020