Negocios do centro da Coruña volven sufrir roubos de madrugada
De madrugada e en escasos minutos. Así acturaron os delincuentes nos últimos negocios asaltados. Un deles foi nesta tenda de bicicletas que visitaron dúas veces na mesma semana.
"A primeira vez non chegaron a entrar porque os veciños avisaron a policía. Pero a segunda vez levaron tres bicicletas de dous mil euros cada unha".
Tamén entraron neste local de hostalería, situado a escasos metros do anterior e moi preto do Pazo da Ópera. É a primeira vez que entran pola noite en vinte anos. Malia os golpes que deron, ningún dos veciños se percatou de nada.
"Aquí, apenas estiveron dous minutos. Forzan a ventá, entran, collen os cartos e marchan. Roubaron 590 euros e outros tantos en danos".
E intentárono, sen éxito, nunha tenda de música.
"Aquí foi tentativa frustrada de roubo. Ao romper o cristal, cortáronse e marcharon".
Roubaron tamén nesta cafetería. Aquí, os ladróns non foron quen de romper un dos cristais de seguridade e optaron por desmontalo. Lograron fuxir con arredor de 200 euros.
Todos os prexudicados coinciden en que na zona non hai iluminación suficiente, pero tampouco vixilancia, que é o que piden agora.
A Policía Nacional investiga xa todos estes casos.