CRTVG

Buscar

Navantia reparará o Blue Star

Publicado o 13/12/2019 12:06
Navantia reparará o Blue Star

O Blue Star quedará finalmente na ría de Ferrol para ser reparado dos danos producidos no casco tras quedar encallado na costa de Ares o pasado 22 de novembro.

Os técnicos de Navantia inspeccionaron nas últimas horas o buque que está atracado no peirao interior de Ferrol, á espera de pasar ás instalacións do estaleiro. A armadora do buque chegou a un principio de acordo con Navantia, con quen agora negocia os termos do contrato.

Segundo puido saber a Televisión de Galicia, a empresa está completando os trámites administrativos para a sinatura do contrato.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019