CRTVG

Buscar

Navantia encargarse do mantemento dos buques da Mariña australiana

Publicado o 03/06/2020 15:40
Navantia encargarse do mantemento dos buques da Mariña australiana

Navantia acaba de pechar un acordo estratéxico co Goberno de Australia para asegurar o mantemento dos buques da Mariña dese país, segundo informa a empresa nun comunicado.

O acordo asinárono o pasado 17 de maio a bordo do destrutor HMAS Hobart o vicealmirante Michel Noonan, comandante xefe da Mariña de Australia, e o presidente de Navantia Australia, Warren King.

"Este acordo recoñece a importancia de Navantia Australia no panorama de industrias críticas para a defensa e é tamén unha proba da aposta pola internacionalización da empresa, na que Australia figura como un dos mercados estratéxicos para a compañía", sinalou Susana de Sarriá Sopeña, presidenta de Navantia, no comunicado.

A compañía, que rexistrou en 2012 a súa filial en Australia, deseñou os destrutores AWD para a Mariña australiana e encargouse da construción de dous buques anfibios tipo LHD, cuxo mantemento quedará a cargo de Navantia Asutralia no futuro.

Ademais, Navantia obtivo en 2016 o contrato para a construción de dous destrutores, dos que se encarga na actualidade o estaleiro de Ferrol cun custo de 9.000 millóns de dólares australianos (6.184 millóns  USD ou 5.585 millóns de euros).