CRTVG

Buscar

Navantia busca empresas para desenvolver o programa das Fragatas F-110

Publicado o 02/07/2019 14:58

Navantia busca empresas para desenvolver o programa das Fragatas F-110, un reto para a modernización da industria do país. Calculan que a construción destas cinco unidades incrementará a economía española en 590 millóns de euros anuais.

Navantia é unha das maiores empresas exportadoras de España que ven servindo de escaparate da industria polo mundo. A construción das novas fragatas para a Armada de aquí ao ano 2031 supoñen ademais un importante reto para toda a industria do país.

Para avanzar nesta colaboración, Navantia presentoulles ás empresas as liñas básicas do plan de construción das cinco unidades que suporán a modernización do estaleiro de Ferrol coa súa transformación dixital. Calcúlase que o programa das F-110 poida incrementar a economía española nuns 590 millóns de euros anuais. Pero a transcendencia vai moito máis alá. O obxectivo é poder exportar estes barcos a outros países, co se multiplicarían os beneficios para a industria complementaria.



 

Noticias web

02/07/2019