Natxo González: "Ten todos os ingredentes para que haxa un gran partido en Granada"
O Granada leva dous partidos sen anotar un gol. É o equipo que dirixe o técnico galego Diego Martínez. Un equipo feito para ascender. Os Cármenes albergan un dos encontros con maiúsculas do que queda de temporada.
Natxo González: "Non imos dicir decisivo, non imos falar de final, pero si que é un partido moi importante. Polos puntos, por un posible golaveraje particular...Xa que logo, ten tódolos ingredientes dun partido grande"
Un partido de altura ao que o Deportivo chega cun lastre: as lesións de Vicente Gómez, Krohn Dehli, Pedro Sánchez e Carlos Fernández "Vaia semanas que levamos! Aí está a miña maior preocupación. Moitas lesións debilítante como equipo e de cara ao resultado"
Problemas para uns que, coma sempre, son oportunidade para outros, como Pedro Mosquera ou o recén chegado Nahuel Leiva.