CRTVG

Buscar

Naturgy ofrece aprazar as facturas pola situación económica derivada do estado de alarma

Publicado o 25/03/2020 21:35

Debido á situación económica derivada do estado de alarma, as empresas eléctricas comezan xa a aplicar un aprazamento nas súas facturas.

Naturgy, a antiga gas natural-Fenosa, decidiu estender a posibiliade de aprazar o pagamento das facturas de electricidae, e gas a todos os seus clientes domésticos . Desta medida van poder beneficiarse trescentos vintesete mil consumidores galegos e case catro millóns en toda EspañaA enerxética indicou que con esta decisión busca itigar o impacto económico negativo que está a provocar o estado de alerta decretado pola pandemio do coronavirus. Asi, as facturas devengadas desde agora e ata xuño pasaranse ao cobro a partir de outubro de 2020 e poderán ser abonaas ata setembro de 2021.Para acollerse a esta moratoria os clientes deberán solicitar o adiamento do pagamento das facturas a través da súa sección de área clientes na páxina web da compañía. Naturgy xa aplicou esta medida para Pemes e autónomos

 

Noticias web

25/03/2020