CRTVG

Buscar

Nas oposicións de Educación haberá exames máis alá das sete cidades galegas

Publicado o 26/02/2021 23:38

Temos máis detalles da maior oferta pública de emprego de Galicia. Haberá exames das oposicións de Educación nas sete grandes cidades galegas. E vanse desenvolver de xeito gradual entre o 19 e o 23 de xuño para garantir a seguridade nestes tempos de pandemia.

Arredor de 27.000 persoas optarán ás preto de 3.900 prazas de docentes no Ensino Público Galego nas oposicións que se van realizar este verán, despois de que se aprazaran o ano pasado por mor da pandemia. Poden opositar profesores de Formación Profesional, infantil, primaria e secundaria.

Segundo o conselleiro de Educación, é o maior número de prazas convocadas en moito tempo. Para extremar as medidas de seguridade sanitaria, ademais de realizar o proceso de xeito gradual, haberá máis tribunais, menos alumnos por aula e máis sedes. 

"Pasamos aproximadamente de 110 alumnos de media por tribunal a uns 75", asegura Román Rodríguez.

Nas academias está a aumentar o número de estudantes, os nervios e as présas por rematar os temarios. Cristina Cid, xefa de estudos da Academia Postal de Vigo, conta que o alumnado está nervioso porque, despois de tanto tempo de incerceta, "agora de repente todo é adrenalina".

As localidades onde se van realizar os exames están por decidir, pero terán boas conexións e comodidades para as persoas que se presentan.

Noticias web

26/02/2021

Máis sobre actualidade