CRTVG

Buscar

'Naked Trophy', a última moda nas redes sociais dos deportistas

Publicado o 30/12/2019 15:26

Curiosos momentos proporcionan os xogadores cando xogan coa anatomía. Aínda lembramos, case trinta anos despois, aquela estupefacción de Valderrama. A Míchel caéranlle 500.000 pesetas de sanción por "falta de decoro".

Cabe preguntarse que ocorrería hoxe, nos tempos en que te poden expulsar, coma ao xogador do Negreira, por celebrar un gol tapando a cara coa camisola. Incrédulo, viu a segunda tarxeta "por conduta antideportiva", como establece a norma.

Pois ben, agora, xa fóra do campo, a conduta vai de amosar anatomías e de ocultar partes nobres co trofeo ou a medalla gañados. Caso dun equipo danés de balonmán, ou dun equipo italiano de volley, de deportistas que nos abren calculados segredos dos vestiarios.

Quen popularizou este desafío foi un xogador de rugby de Nova Zelandia. Da cabeza de Kurt Baker foi saíndo a moda de colgar nas redes estes posados. Di que empezou a facelo para combater a tensión dalgúns encontros.

E a moda esténdese entre os deportistas vitoriosos, porque hai que gañar para se lucir espido con trofeo. Xa apunta a converterse nun fenómeno viral neste 2020.

Nos anos 80, o descoido de Butragueño protagonizou portadas. Quen se exhibiu a propósito foi Joaquín 20 anos despois, en 2008. E nin por descoido nin a propósito, unha cousa intermedia sucede hoxe nas redes sociais dos deportistas.

E así pasan as décadas, e así pasan as censuras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019