CRTVG

Buscar

Nafti: "Pasounos algo incomprensible, metemos o cu atrás e escapounos o partido"

Publicado o 28/11/2020 09:35

O adestrador do Lugo, Mehdi Nafti, amosouse moi crítico cos últimos vinte minutos do seu equipo. Considera "incomprensible" que o equipo se fose tan atrás e que lle dera opción ao Málaga de empatar o partido cun xogador menos. 

"Fixemos trocos para ter máis profundidade e non tivemos profundidade, nin control do xogo nin nada. O medo a perder algo que tiñamos na man pasounos factura" comentou Nafti que considera que coa experiencia que ten o cadro de xogadores do Lugo "non pode acontecer". 

Noticias web

28/11/2020