CRTVG

Buscar

Nafti: "Eu non creo en proxectos, é a gran mentira do fútbol, o proxecto é gañar a fin de semana"

Publicado o 12/11/2020 16:41

E xogou Ao contraataque na Radio Galega o técnico lucense Mehdi Nafti. Na conversa cos nosos compañeiros, Nafti sorprendeu ao mostrar a súa opinión sobre os proxectos deportivos. Nafti non cre en proxectos de futuro, cre no presente. Dalgún xeito pensa como o presidente Tino Saqués.

Nafti sabe do efémero que adoita ser o cargo. Claro e sincero, pero tamén empático e afectuoso, bota en falta a afección.

A presión da esixencia para manter o bo momento do equipo. Catro vitorias, un empate e unha derrota avalan o francotunesino.

E tamén no seu adestrador. Un técnico con carisma e personalidade co que o Lugo cotiza á alza. No treito que leva no banco, o equipo sería colíder con 13 puntos de 18.

Noticias web

12/11/2020

Máis sobre Lugo