CRTVG

Buscar

Nafti dirixiu o seu primeiro adestramento co Lugo

Publicado o 15/10/2020 11:51

Desde o mércores xa é oficial. Mehdi Nafti xa é o novo adestrador do Lugo.

O técnico tunisiano asinou ata final de temporada. Este sábado será a súa estrea no banco do Lugo no partido que os albivermellos van disputar en Castellón. O mércores pola tarde dirixiu o seu primeiro adestramento e puidémolo ver moi activo.

Nafti acababa de asinar co Étoile Sportive do Sahel, pero desvinculouse para poder aceptar a proposta do Lugo. Leva catro anos exercendo de adestrador e esta será a súa primeira experiencia na Segunda División.

 

Noticias web

15/10/2020