CRTVG

Buscar

Nafti considera "perigoso" normalizar as vitorias e pide "humildade"

Publicado o 31/10/2020 09:28

Vaia lección de perseveranza deu o Lugo ante o Tenerife. Xogou máis de 80 minutos con 10 xogadores e acabou remontando o partido. E iso que todo se lle puxo costa arriba co tanto de Fran Sol no minuto 38, pero este Lugo demostrou que nunca se rende. Conseguiu o empate no minuto 94 despois de lidiar coas lesións de El Hacén e Gerard Valentín.

Juanpe Jiménez marcou o gol que consumou a xesta. Mehdi Nafti segue invicto coa súa filosofía de traballo e humildade, pero pide que se siga mantendo a perspectiva.
 

Noticias web

31/10/2020