CRTVG

Buscar

Nadal Solidario en Vigo, punto de encontro para as familias

Publicado o 23/12/2019 16:27

E en Vigo seguen as actividades programadas no Nadal Solidario, que acolle o edificio do Tinglado do Porto.

Todas as tardes pódese gozar alí de actuacións musicais e culturais, participar en obradoiros para os máis pequenos, coñecer o traballo dos artesáns galegos ou visitar o belén da catedral de Santiago.

Ademais, este é un espazo solidario, onde tamén é posible achegarse ás oenegués que traballan en Vigo, en favor das familias viguesas máis desfavorecidas. Precisamente, esta mañá a delegada da Xunta de Galicia en Vigo anunciou unha achega de sete mil euros para sete delas, co obxectivo de axudarlles no traballo que desenvolven durante o Nadal.

Noticias web

23/12/2019