CRTVG

Buscar

As Nacións Unidas piden unha investigación imparcial da morte de Jamal Khashoggi

Publicado o 24/12/2019 08:51

A ONU pediu unha investigación imparcial da morte do xornalista Jamal Khashoggi, asasinado no consulado saudita de Istambul o dous de outubro do 2018.

A petición prodúcese horas despois de que Arabia Saudita anunciase sentenza de morte contra cinco persoas tras un xuízo que foi secreto e que desde as Nacións Unidas se considera como unha farsa para ocultar os verdadeiros culpables deste crime.

 

Noticias web

24/12/2019