CRTVG

Buscar

Nace unha asociación de gandeiros e labregos contra os danos do lobo e do xabaril

Publicado o 15/01/2019 14:41

Esta mañá presentouse en Narón a Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe de Galicia.  É unha asociación de labregos e gandeiros que xorde ante os perxuízos económicos que xeran nas súas explotacións tanto o lobo como o porco bravo.

Aperfasa nace na zona do Ortegal co obxectivo de que se regulen de xeito efectivo as poboacións de lobos e porcos bravos que hai en Galicia. Din que non hai un censo das especies salvaxes do país e que os danos económicos non se compensan no seu valor real. Unha perda económica que pon en risco a supervivencia de labregos e gandeiros.

José Antonio Muíño López, presidente de Aferfasa: "Para defender e buscar responsabilidades e non ser sempre os mesmos en pagar as consecuencias que provoca un desequilibrio dunha fauna que medrou dun xeito masivo e invadiu hábitats que non lles corresponden".

Andrés Saavedra, secretario de Aferfasa: "Calquera gandeiro ou labrego deste país estaría disposto a pagarlle á Administración os 1.650 euros que nos prometeron para non ter danos. Eu sería o primeiro que iría xunto a conselleira e diríalle: toma aí tes 1.650 euros e evítame os danos do lobo e do xabaril".

Dentro das súas accións estará meter presión para que as asociacións de cazadores cumpran coa súa función de control das poboacións de xabarís e mesmo pensan levar aos xulgados os prexuízos dos que din que son vítimas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019