CRTVG

Buscar

Nace en bo estado o primeiro bebé galego dunha nai con Covid-19

Publicado o 18/03/2020 19:53

Nestes días raros tamén hai boas noticias. No hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo este mércores naceu o primeiro bebé galego dunha nai diagnosticada co COVID-19 e está completamente san. A súa nai está estable e o pequeno evoluciona ben, ingresado na Unidade de Neonatoloxía do Cunqueiro porque é prematuro. Naceu por cesárea ás 35 semanas de xestación e deu negativo na proba do coronavirus para inmensa ledicia dos seus pais e da comunidade médica.

Noticias web

18/03/2020